Xornada de lanzamento da Unidade Mixta de Investigación Sostenave

📅 Xoves, 11 de xuño
📍 Salón de Graos da Facultade de Dereito, Edificio Xurídico-Empresarial, Campus de Ourense

As persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa inscripción a través do formulario facendo click aquí.

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Carmen Cotelo, directora da Axencia Galega de Innovación

O campus de Ourense acolle a xornada de lanzamento da Unidade Mixta de Investigación Sostenave titulada Estratexias integrais para a mellora da sostibilidade e da calidade na avicultura de carne. Trátase dunha iniciativa desenvolvida conxuntamente pola Universidade de Vigo, Coren e Sertogal, e financiada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta a través do Programa Feder Galicia 2021-2027. O seu obxectivo será incorporar tecnoloxías dixitais avanzadas ás granxas e optimizar procesos produtivos para contribuír á sostibilidade e calidade da avicultura de carne galega. A xornada permitirá aos socios do proxecto presentar ao público interesado os obxectivos, as liñas de traballo e os retos da UMI Sostenave, así como favorecer o encontro e a colaboración entre os diferentes axentes do ecosistema galego de innovación agroalimentaria.

Programa – Xornada de Lanzamento