SOSTENAVE

Estratexias integrais para a mellora da sostibilidade e a calidade na avicultura de carne

Sobre o proxecto

UMI SOSTENAVE

UMI Sostenave é unha Unidade Mixta de Investigación orientada ao desenvolvemento de investigación aplicada de alto impacto para resolver os desafíos reais da industria agroalimentaria galega.
O seu labor principal consiste en investigar e trasladar á explotación industrial solucións para naves de produción avícola que sexan máis eficientes no consumo enerxético, estean mellor adaptadas ao benestar das aves e conten cunha pegada ambiental verificable e reducida.

Liñas de traballo

A actividade da UMI articúlase en torno a tres eixes estratéxicos que abordan de forma integral os retos do sector.

Eixes estratéxicos

Sostenibilidade e benestar

Optimización do consumo enerxético en naves e mellora das condicións de aloxamento para as aves.

Nutrición e precisión de calidade

Desenvolvemento de innovacións en alimentación animal e sistemas de visión artificial para a monitorización obxectiva da calidade das canles.

Dixitalización e industria 4.0

Implementación de xemelgos dixitais para a xestión de activos e estratexias de economía circular para a valorización de subprodutos.

Tipos de ensaios

A investigación desenvólvese seguindo unha escala de madurez tecnolóxica que garante a aplicabilidade dos resultados.

Investigación básica

(TRLs baixos)
Validación de principios e caracterización inicial en contorno controlado.
Realizada nos laboratorios da Universidade de Vigo
Centro Selección Genética Friol 1

Escalado de procesos

(TRLs intermedios)
Execución de protocolos e probas técnicas a escala intermedia para demostrar a viabilidade en condicións representativas.
Realizadas en Planta Piloto
Centro Selección Avícola Friol

Estudio en condiciones reales

(TRLs altos)
Estudo de medidas de control en granxas e centros de procesado para garantir melloras na Sostibilidade e Calidade na produción de avicultura de carne.
Realizados nas granxas de COREN
Centro Selección Genética Friol
Personal investigador
Persoas
0
7 – Comité investigador
21 – Asociadas á produción
30 – Cuantificación calidade
Persoas
0
Dispoñibles colaboracións noutras liñas de investigación
Medios dispoñibles
Prazas
8450000
Comarcas
0

Novas

Entidades participantes

Lidera a UMI a través dos institutos IAA (Instituto de Agroecoloxía e Alimentación) e IFCAE (Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais), achegando a base científica e o rigor metodolóxico de vangarda.

Actúa como axente tractor, definindo as necesidades reais do sector, proporcionando o contorno de validación en condicións de produción real e asegurando a transferencia de resultados ao mercado.

Especializado en dixitalización avanzada: modelado dixital BIM, simulación e aplicación de xemelgos dixitais en procesos industriais e agroalimentarios.